Páginas

17/6/09

Fotos dos grupos do curso 2008 - 2009

¿Qué é bailar?



Segundo a enciclopedia libre Wikipedia:

A danza é a arte de expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música.

Tamén se pode definir como a arte de expresarse mediante o movemento do corpo de xeito «estético» e a través dun ritmo, con ou sen son. Isto significa que algunhas danzas se poden interpretar sen o acompañamento da música. Pode expresar sentimentos, emocións, estados de animo, contar unha historia, servir aos deuses, etcétera.

Segundo a Real Academia Española da Lingua:

Bailar: Executar movementos compasados co corpo, brazos e pés (nota: coma se os brazos e os pés non pertencesen ao corpo...).
Baile: Cada unha das maneiras de bailar.
Danza: Acción e xeito de bailar.
Danzar: Bailar as persoas. (nota: o cal parece indicar que as persoas danzan e os demais seres vivos con corpo, brazos e pés solo bailan...).

Todos estaremos de acordo en que Wikipedia se achega máis ao que os que bailamos algunha vez entendemos por baile ou danza.

Eu quedaría con catro palabras moi importantes ao efecto: Arte, expresión, corpo, ritmo.

Efectivamente, co baile deberiamos expresar co noso corpo e seguindo o ritmo musical o que a música nos suxire.

Como toda actividade expresiva, o baile é tamén unha actividade creativa, como pode selo a literatura ou a música. Pero ao igual que un bo escritor ou un bo músico, o bailarín debe coñecer as técnicas axeitadas para poder expresar, interpretar e/ou crear.

É evidente que existen moitos afeccionados á música que compoñen "de oído" pezas aceptables que non chegan a grandes obras porque non teñen a técnica axeitada, ou moitos escritores con grandes historias pero mal escritas por non dispoñer dos recursos técnicos e estilísticos axeitados.

Co baile sucede o mesmo. Todos vimos xente que transmite coa sua expresividade e ritmo e que nunca pisaron unha academia de baile, pero por contrapartida, calquera que entenda un pouco de baile observará que é unha pena que esa persoa non dispoña de máis recursos técnicos cos que poder expresarse máis e mellor.

¿Isto quere dicir que nacemos predispostos para bailar, ou mellor dito, para danzar según a RAEL?.

A miña opinión persoal é que dende os meus tempos de universitario existe unha discusión aínda non superada en torno á influencia dos xenes e o ambiente con respecto á aprendizaxe.

Dende a miña experiencia cheguei á conclusión de que todos aqueles que tiveron a oportunidade ben de estudar música ou escoitar música dende pequenos teñen unha predisposición clara para dominar o ritmo. Tamén aqueles que practicaron na súa infancia deportes e/ou xogos que requiran certo grao de coordinación teñen unha predisposición clara para aprender os movementos do baile con máis facilidade.

Tamén aqueles que fixeron algún tipo de actividade artística e/ou expresiva na súa infancia (xogos de expresión, teatro, dramatización, interpretación...) terán máis facilidade para aprender os aspectos expresivos da danza.

Tamén é moi certo que algúns nenos (dende a miña faceta como docente) teñen certa facilidade para a aprendizaxe dalgún ou todos estes factores e isto ten tanto que ver con cuestións ambientais (nas súas casas danse condicións de aprendizaxe ideais: xogos, relacións afectivas e/ou de xogo con pais e irmáns, nivel cultural, etc...), e non especificamente xenéticas, aínda que evidentemente, estas existen, pero dende o meu punto de vista, excesivamente sobredimensionadas.

Con todo iso creo que calquera que se propoña facelo pode aprender a bailar, pero se se cumpren as condicións anteriores iso verase tremendamente facilitado.

Faime moita graza cando oio toureiros, futbolistas, actores, etc, etc... que cando lles fan entrevistas din: "... para isto hai que nacer "... ".

Hai diversas facetas do baile en función do seu uso. O baile en estilo puro é o baile lúdico expresivo, o que comúnmente se chama "baile social". É o primeiro baile que existiu e o máis divertido e popular. O home leva, a muller segue e hai unha expresión lúdica da música. A salsa, nos seus inicios, e o tango arxentino son dúas boas probas diso, así como todos os bailes populares non regulados. Aquí a muller nunca sabe o que o home vai facer. Non existen coreografías nin ningún tipo de acordo previo. É o baile na sua máis pura, xenuína e popular esencia, con moi poucas regras básicas.

Logo está o baile espectáculo, pensado para a exhibición ou a representación colectiva. Neste caso é necesaria unha coreografía e ensaios previos, posto que a pretensión é poñer de acordo a unha ou varias parellas para que executen unha serie de movementos máis ou menos complexos para o deleite dun público que paga ou non por velos. É por isto que todo debe saír ben, sen fallos e visualmente correcto e atractivo para o público. Tamén a salsa, o tango e o resto de bailes poden ser exhibidos mediante coreografías.

No baile de competición, ese baile espectáculo coreografiado e ensaiado pasa a unha pista dun pavillón deportivo ou similar onde varias parellas executan eses movementos para competir entre elas diante duns xuíces e un público que tamén paga por velos. Neste caso é curioso, pero as parellas non reciben diñeiro por desenvolver todo ese traballo de ensaio, senón que enriba deben pagar por iso.

Logo temos o baile pre-competitivo no cal se lles ensinan coreografías ás parellas para que se inicien nos bailes. O progreso é rápido porque cada un fai o seu e os conceptos técnicos de levar, seguir, así como a fluidez creativa do home para improvisar figuras se atopa limitada ou nula. O resultado é que estas parellas non poden bailar, xeralmente, con outras que non teñan as súas mesmas coreografías. A este tipo de baile adóitaselle chamar equívocamente "baile social" cando realmente é baile "pre competitivo", aínda cando moitas desas parellas nunca vaian competir na sua vida.
O baile de competición ten moitas vantaxes extrapolables ao baile social, pero que só serán apreciables cando chegas a niveis altos de certo refinamento competitivo, nos cales aprendes conceptos que teñen que ver co uso correcto do teu corpo, do espazo, conexións, os pesos, equilibrio, as rotacións...pero para iso poden pasar uns cantos anos. E cando tes máis dominio deses conceptos tes máis recursos técnicos para expresar mellor a tua COREOGRAFIA, ben nun teatro ou nun pavillón competindo, e por que non, en calquera festa ou discoteca. Eses recursos permítenche aprender logo con facilidade outras cousas e outros bailes. Isto é bo. Pero claro, o tempo é limitado...

Todos saben que, polas suas raíces, o baile de parella se basea en que exista un membro que leva (xeralmente o home) e outro que segue (xeralmente a muller). O papel do home no baile é moi importante e pouco valorado posto que, o final, quen se adoita lucir máis é a muller, e esa é un pouco a idea, que o home faga que a muller se luza. É certo que, xeralmente, cando empezamos a bailar o membro da parella que leva ten un progreso máis lento que o que segue e é porque ademais de aprender os pasos básicos debe aprender a marcar e a levar, así como pensar o que vai facer coa súa parella nos seguintes movementos. En cambio, a parella solo debe estar atenta a seguir, a cal tampouco é tarefa doada.
É por isto que aprender con coreografías resulta máis doado, rápido, vistoso e práctico, pero nada creativo e inútil se pretendemos bailar con outras parellas.

Como podemos ver, co baile podemos facer moitas cousas: divertirnos, expresarnos, exhibirnos, competir, ligar, facer exercicio... hai quen dicía mesmo que bailar é unha das mellores cousas que podes facer coa túa parella.

¿E que sucede co concepto de arte asociado ao baile?. Iso deixarémolo para outro artigo.

Por: Roberto Maquieira

Prácticas de primeiros auxilios dos alumnos de 4º de ESO

Os alumnos de cuarto curso xa saben como teñen que actuar cando se encontran cun accidente, proba delo son estas fotos nas que están facendo Soporte Vital Básico a un maniquí.

Foto 1: Despois de comprobar que o lesionado está consciente, abrímoslle a vía aérea para comprobar se respira.


Foto 2: Miramos, sentimos e oímos a respiración.



Foto 3: Pasamos a facer masaxe cardíaco.



Foto 4: Por último, facemos o boca a boca.




RECORDA: non fagas nada sen estar totalmente seguro e preparado, o máis probable é que agraves a situación. Avisa ó personal sanitario SEMPRE.

XVII Concurso Xaime Isla do Concello de Poio

A alumna Lucía Viéitez Fuentes, obtivo premio tanto en prosa como en poesía.

Premio Prosa:

Elisa: Só quero que sexas ti!

Cando esperto e te vexo sinto como unha máscara que recobre o meu rostro ou coma unha faz que me pide auxilio pero non lograba entender o que me quería facer ver.
Obsérvote espida e abatida na cama, o teu corpo esta tombado e xa pouco te podes mover...Non comprendía que fora aquilo que che deixara así. Atemorízame só pensalo...Quedo de pedra, o teu rostro é estremecedor...Os teus beizos xa non me atraen...
Elisa era unha xove inglesa que acababa de casar cun vello amigo da infancia.
Era unha rapaza moi intelixente, guapa, de ollos azuis como o mar ou verdes como o campo. O seu pelo louro era moi peculiar, tiña extensos tramos cor caoba e algo de louro cor prata... Alta, esvelta, cunha figura deslumbrante. A calquera home se lle caería a baba ó ver aquela beleza...
Estivera estudando tradución en Francia, polo que dominaba algúns que outros idiomas.
Casara moi xove, con aquel home tan diferente, pero encantáballe.
Jairo era un home moi tranquilo e cunha fermosura interior e exterior moi ampla.Un home con calidades extraordinarias e destrezas impresionantes. Os dous amábanse mutuamente aínda que aparentemente iso non se apreciaba.
As súas vidas tan unidas por lazos desenroláronse tan rápido que os seus ollos romperon como os vidros de cores...
O carácter de Elisa cambiara cara a el por completo, non era a mesma ca antes...Tiña diferente forma de pensar, de actuar, de divertirse e quizais de amar. Jairo notábaa moi rara, case nunca tiña ganas de saír da casa e pasaba o día metida no dormitorio contemplando o seu diario que nin a el lle deixaba ver e lendo libros e máis libros.A súa vida diaria era a base daquelas follas de papel fino e olor amargo.
Pouco a pouco Jairo foi descubrindo que aquela coa que durmía non era Elisa senón unha persoa totalmente diferente, obsesionada no presente sumido no seu interior. Pouco a pouco o xove observou o seus estados de ánimo, eran cambios bruscos coma o mar no medio do océano, nunca saberías o que podería acontecer, o seu corpo tamén estaba modificándose, comezaba a baixar de peso notablemente.
As cousas complicáronse moito máis, Jairo comezou a preocuparse, polo que decidiu levar a Elisa a que un médico a vise.

Aquilo foi como un golpe, peor que se che cravasen centos ou miles de agullas no estómago. Notou como a Elisa lle esvarou unha bágoa polas meixelas e escurecéuselle o rostro, quedaron atrapados nunha néboa inmensa da que non vían a luz para poder saír.
Elisa sabía que o seu esposo estaba triste por aquel novo acontecemento pero xuntos poderían pasar aquilo, aquela enfermidade que ela padecía.
O médico volvería atendela e explicaríalle en que consistía a anorexia.

Premio poesía:

ALTO E BAIXO

O amor
medra dentro de nós,
como unha serpe
que ascende e descende.
De feito cremos que
é arte e ten razón,
é unha paisaxe
que só se vive co corazón.
Ás veces asimilamos
as cousas ó noso parecer,
sen querer unha explicación
e non aceptar unha solución.
Xogar é como cantar.
Pintar non é como debuxar.
Non é como o pintamos,
senón como o miramos.
Non é como o escribimos,
senón como o vivimos.
Non é como o escoitamos,
senón como o sentimos.

A alumna Noela Hermida Area, tamén obtivo premio tanto en prosa como en poesía.

FUNAMBULISTAS

Ela sentada no peitoril da ventá lendo unha revista de xardinería. El enfronte, un piso máis arriba sentado na mexedora do balcón cun libro de teoloxía. So se cruzaban algunhas miradas lostregadas e sorrisos agochados tralas brancas páxinas que reflectían coa luz do sol , algo de felicidade.
So os unía un cordel de tender a roupa, con catro prendas mal colgadas e pinzas como cactos nun deserto.
Non sabían nada un do outro, pero as actitudes dicían moito. Un suspiro entre uns beizos flamantes de soidade combatían cos bocexos dun teólogo mal sentado.
Un xornal, unha revista, un prospecto, un libro, un cómic ou mesmo documentos do traballo, eran sempre unha boa escusa para ir ler acompañados dos raios de Lorenzo e as miradas entrelazadas con dúbidas dos veciños. Cada un no seu recuncho, procurando prestar atención o que tiñan nas mans e os movementos do contrario.
Se chovía, cada un achegaba a súa butaca á xanela, co vidro pechado, pero atentos aínda así ao reflexo das súas miradas.
Fugaces pestanexos, de iris color mel e azuis, fusionándose no verde escuro das ponlas do carballo do patio de luces.
O teléfono interrompía de vez en cando a cita dos lectores, máis dalí a un anaco volvían a súa reunión.
Onte, cando Éitor ía comezar unha conversación coa súa veciña, soou o teléfono. Moi debagar a rapaza ergueuse do peitoril, descolgouno e con tres acenos e catro movementos, escoitouse o bater dunha porta máis as pegadas desasosegadas pola rúa dirixidas o hospital do centro. O rapaz quedou abraiado. Nunca a vira así. Daquela non con menos presa fixo os mesmos movementos que a lectora e correu tras dela.
Xa no hospital, parouse a pensar “como a busco se non sei nin como se chama?”.Tentando atopala asomado nas puntas dos pés unha angustia con preocupación axeonllouse diante del, coas mans na cara tapando as bágoas. Era Iria que choraba, tralas suaves mans de satén.
“ Atropelárono Éitor, atropelárono” So a abracei. Simplemente lle pasei a miña tranquilidade e meu calor as súas meixelas e os seus ollos encarnados. Xirábanme os pensamentos no maxín.
“Levoume a cafetaría do Hospital e pediu un café ben cargado para os dous. Pouco a pouco entrei en calor e os ollos tornáronseme de novo azuis. ”
-Síntoo , non pretendín asustarte.- dixen con vergoña trala mesta bufanda
-Non fixeches tal muller.- mirámonos de novo como adolescentes namorados que non son quen de se soster a mirada.
-Eu chámome Iria.
-Encantado.- sorriu.
“Había algo, algo del que me soaba tan familiar. Supoño que o cóctel entre a súa voz e mailo seu perfil.”
O día seguinte non souben nada dela. Non sei se quedara no hospital a durmir co irmá ou se volvera. Achegueime a ventá do balcón, por se vía algunha roupa súa colgada, ou a luz do salón acesa, pero non houbo sorte. Din voltas e voltas polo piso so pensando no seu sorriso e nas súas mans, que escorregaron no meu peito onte o se abrazar a min.
“Chamar non o podo chamar, por que aparte de non ter o seu número, que lle vou dicir?Coido que o mellor vai ser que actúe con naturalidade”
Iria dirixiuse ao seu portal con paso decidido, abriu a súa porta colleu un libro e sentouse na ventá de novo a ler. Éitor non estaba, escoitábase música saír do seu piso. Buscouno, estirando o pescozo cara toda-las direccións posibles, e so atopou un rapaz en toalla dando voltas polas habitacións. Coa impresión caeulle o marca páxinas, con tan mala sorte de se enganchar no carballo do patio.
Baixou con toda a paciencia do mundo, rubiu pola árbore arriba e cando xa tiña o separados de soños na man, viuno alí.
“Vino alí, tan despreocupado coma sempre, tan pouco amañado, sen peitear, tan natural....Procurei que non me vise alí subida. ..Pero que digo, se parezo unha rapaciña de 17 anos, que parvadas, que pense o que queira... . Volteei o cuarto e púxenme de novo a ler, sen a mínima intención de que seus ollos se pousaran no meu corpo escaneándome a cara. Pasou tal, pero o estraño foi que non me saudou. Fíxenme a despistada para que el dera o primeiro paso, máis non se decidiu. Meteuse de novo no salón e no souben del ata dous días despois.”
Que mal, non sei por que non a saudei hoxe, tan bonitiña que estaba. Estou todo o día a suspirar, e so a recordar a imaxe da súa face, con aqueles ollos bailando enriba das fazulas acesas.
Mais non quedaron os namorados para compartires miradas voadoras e fugaces, xa que un deles, correu as cortinas. Quedou abraiado o pobre Éitor. Tantas ganas a tiña de ver, que non soubo interpretar o tupido velo. Petou na porta a tristeza, e el abriulle sen desexalo. Medio murcho rouboulle un libro a estantería do salón e púxose a ler no balcón sen esperanzas de que a súa Romea gabease ata seu andar. Moito bufou o coitado, por unha mirada da silandeira e tímida parella que asexaba con tento o lector entre as cortinas.
Os dous días daquel incidente, atopáronse en fronte do carballo, o cal coas súas follas xa secas e alaranxadas polo próximo outono, remedaban as facianas dos inquilinos. De novo miradas fugaces e tímidas escavaron pensamentos felices. Correron escaleiras arriba, cada un polas súas, abriron a porta tiraron o abrigo e o maletín o sofá mais cercano, e nun bater de ás dun colibrí atopábanse os dous de novo, xuntos, na súa lectura cotiá. El co seu libro de teoloxía, ela un piso mais abaixo cunha revista de xardinería , con sorrisos incertos e pudorosos, xogando entre os cactos que interrompían as frescas miradas dun outono mollado, como funambulistas.

“Temín perder o outono”

Porque procuro teus beizos
na escuridade do leito.
Poruqe me abruman os pensamentos
dos teus ollos
Porque contigo non penso,
só soño.
As vagas ideas dun anoitecer
fuliminas os pensamentos negativos.
Sentirme querida e
notar a tristeza dun suspiro
o alivio dunha mirada
complice dun sorriso.
Perdinte cedo,
cando aida o sol
aloumiñaba o horizonte
cun veo dourado e caloroso.
Esquecinme sen esforzo
do teu rostro
do teu ollar
complice dos meus pensamentos
Mais pervive teu nome
ese nome tan rexo
que sosten a dúbida
de ser anxo.
O arreguizo sentido nun ombreiro
por un bico arrolado en calor
Os corpos; candeas de cera
febles e delicados.
O lume; a paixón requerida
para un pracer extremo.
Non deixar de pensar no sucedido
non me da folgos para existir
Non son quén de te atopar
entre tanta multitude
So a túa voz
e teu nome
me desvelan cada noite
chamándome con luxuria
procurando a felicidade total
pola que loitamos.

Actividades do departamento de tecnoloxía



VISITA Á FÁBRICA DE CITROEN

Fotos da visita que fixeron os alumnos de 3º da ESO á fábrica da Citröen en Vigo o día 17 de abril. A visita foi impresionante sobre todo o funcionamento dos "robots" e o "traballo en cadea".




CONCURSO PORTARRETRATOS DE METACRILATO

Fotos do concurso "portarretratos de metacrilato". As gañadoras foron Eva, Noelia e Geni de 3º C. As segundas gañadoras foron Sabela, Nerea e Marimar.
Enhoraboa a todos os participantes por resultar unha exposición ben xeitosa.

Fotos da exposición:















Fotos das gañadoras:



Campionatos internos curso 2008 - 2009



O Departamento de Educación Física organizou, como xa ven sendo habitual, os campionatos internos que se desenrolaron durante os recreos, dende o mes de Outubro ata o mes de Xuño, a fin de poder ofrecer ós alumnos/as un tempo de ocio san e divertido.
Ó clásico campeonato de fútbol e baloncesto, este curso uníuse un campeonato de balonmán e outro de pás. Os resultados dos mesmos foron os seguintes:


Campeonato de fútbol e baloncesto:
-Gañador do grupo de 1º e 2º de ESO: CHELSEA F.C..
-Gañador do grupo de 3º de ESO en diante:THE ANFIELD ROAD

Campeonato de balonmán:
-Gañador do grupo de 1º e 2º: RÁPIDO DE PONTE QUIETO
-Gañador do grupo 3º de ESO en diante: RISQUETOS

Campeonato de pás:
-Gañador do torneo masculino: JUAN MANUEL ANTÓN (4º)
-Gañadora do torneo femenino: Maria del Carmen Torres (4º)

¿Qué é o proceso de Bolonia?


Os países europeos decididos a crear unha Unión Europea (UE) foron avanzando en diferentes ámbitos: libre circulación de mercadorías, libre circulación de persoas, libre circulación de capitais... Pero só se conseguiría unha verdadeira Unión Europea (UE) coa libre circulación do coñecemento, dos estudantes universitarios e os titulados universitarios.

Despois de varias reunións en Lisboa e París, os Ministros encargados da educación superior de 29 países europeos volveron reunirse en Bolonia o 19 de xuño de 1999, para celebrar unha nova conferencia, que finalizou coa chamada Declaración de Bolonia, onde se poñen as bases para a súa consecución.

A Declaración establece un prazo ata 2010 para a realización do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), con fases bienais de realización, cada unha das cales conclúe coa correspondente Conferencia Ministerial que revisa o conseguido e establece directrices para o futuro.

Na Declaración de Bolonia, establecéronse os seguintes obxectivos:

* Crear un sistema doadamente comparable dos sistemas educativos en Europa.
* Adoptar un sistema de estudios baseado en dous ciclos principais: Grao e postgrao, (composto por dous niveis: Máster e Doutorado)
* Establecer un sistema de créditos para medir o traballo, o estudio e as competencias, habilidades e destrezas dos estudantes que permita o recoñecemento dos estudios e a mobilidade entre universidades europeas.
* Asegurar a calidade das institucións de educación superior e as titulacións universitarias en Europa.
* Promover a mobilidade para que estudantes, profesores e persoal administrativo das universidades poidan estudar e traballar en calquera universidade europea.
* Fomentar a dimensión europea na educación superior con particular énfase no desenvolvemento curricular.

Na actualidade son 46 países, entre eles España, os que asinaron a Declaración de Bolonia.

A todos os cambios que se veñen realizando nas universidades destes 46 países é ao que chamamos Proceso de Bolonia.


Departamento de Orientación do IES de Poio.

O partido das estrelas


O partido das estrelas non se xogou na NBA, non. Este curso xogouse no IES de Poio, enfrentándose profesores contra alumnos/as nun encontro de baloncesto que foi moi emocionante.
O resultado do mesmo é o de menos (¡gañaron os profes!, oé, oé, oé, oé.....), o importante foi o bo ambiente e o fair-play (poñámonos políglotas) que reinou entre uns e outros.
Os equipos foron mixtos, destacando polo equipo dos profes a facilidade anotadora de Pablo, as boas maneiras de José Luis, a calidade no manexo do balón de Laura..., pero sobre todo, o que destacou foron as ganas e boa predisposición que todos, alumnos e profesores, puxeron para ofrecer un espectáculo inesquecible que esperamos poder repetir o próximo curso, se é que os alumnos danse recuperados desta derrota.

Astroloxía

Dicía Platón que había unha arte consciente de interpretar os sinais que a divindade daba para coñecer o futuro. Procedentes da palabra grega mantiké: adiviñación, temos cartomancia, quiromancia, nigromancia, cefalonomancia, oomancia, onfalomancia, alectriomancia, e dendromancia.

A xente do campo e do mar galego coñece ben o efecto que ten a lúa sobre os cultivos e as mareas. Xa na antigüidade comprobaron a influencia dos demais astros sobre da terra.
Ao lle outorgar a nomenclatura de divindades aos corpos celestes tamén lle asignaron os seus atributos, de aí que o planeta Mercurio favoreza os negocios, Venus o amor, etc.
A astroloxía tivo moito éxito e ata foi aceptada durante moito tempo pola Igrexa, como podemos ver na bóveda de Sta. Ma de Banga (Ourense). A vulgarización da astrología vémola arestora nos espazos dalgunhas cantes de TV, radio, internet e páxinas de xornais ou revistas, onde se potencia esta crenza.
O horóscopo, onde están presentes moitas lendas da mitoloxía, ven sendo unha forma popular de manifestación astrolóxica.

Cáncer (22/6 - 22/7)
Representado polo cangrexo que, por instigación da deusa Hera, mordeu a Hércules, cando loitaba contra a hidra de Lerna, para estorbalo na loita. Os cáncer, como Hera, defenden con forza o seu lar, a familia e as tradicións.

Leo (23/7 - 22/8)
O león de Nemea era invulnerable ás frechas. Hércules afogouno coas mans e fixo da súa pel unha coiraza. Os leo tañen sorte e son ambiciosos no trabailo, atractivos e bos amantes.

Virxe (23/8 – 22/9)
Astreia, filla de Cronos, rompeu a chorar cando rematou a idade de ouro. Cronos púxoa no Zodíaco como símbolo do paraíso perdido. Os virxe degoiran a idade de ouro, polo que son traballadores e meticulosos.

Libra (23/9 – 23/10)
Temis, de grande sabedoría, foi respectada por todos os deuses. Os pratos da balanza indican que non é parcial. Os libra aman as artes e a beleza así como a ledicia e o pracer.

Escorpio (24/10 – 22/11)
Artemis apaixonouse de Orión, un cazador que polas noites corría polos bosques co seu can Sirius. Como non lle correspondeu, mandou un escorpión para que o matase. A constelación de Orión ten unha estrela que destaca: Sirius. Os escorpio son intelixentes e intuitivos, e fieis no amor.

Aries (21/3- 19/4)
Hele e Frixo, fuxindo de Ino, escaparon de Tebas sobre un carneiro de ouro. Hele morreu afogado (Helesponto) e Frixo inmolou logo o carneiro a Zeus. A pel ou vélaro de ouro, protexida por un dragón, confirmaba o poder de quen a conquistase. Por iso aos aries Iles gusta o poder e desafían o perigo.

Tauro (20/4 – 20/5)
Trátase do touro no que se transformou Zeus para seducir a Europa. Con ela sobre o lombo chegou a Creta onde a amou. Os tauro son apaixonados no amor e gústanlles os lugares exóticos, aínda que non escapan do traballo.

Saxitario (23/11 - 21/12)
Trátase dun centauro, fillo de Cronos e da oceánida Filira . Destacaba pola súa intelixencia e sabedoría. Foi preceptor de moitos heroes, como Aquiles, Ulises,etc.Os saxitario gozan pois ensinando e aprendendo, e tamén debido á súa parte animal, son ávidos de amor e pracer.

Capricornio (22/12 - 19/1)
É o signo da cabra Amaltea, que deu o seu leite ao nano Zeus, cando súa nai o escondeu en Creta para salvalo do seu pai Cronos. Zeus transformouna en símbolo de prosperidade e abundancia. Os Capricornio son constantes nas amizades, nos ideais e no amor. Os seus esforzos son sempre recompensados pois Zeus quedou agradecido.

Acuario (20/1 - 19/2)
Representado polo mozo Ganimedes, quen foi rapta-do por Zeus en forma de aguia e levado ao Olimpo; nos banquetes era o servidor do néctar que facía inmortal a quen o bebía. Por iso os acuarios son inconformistas, xa que aspiran a semeliarse aos deuses.

Peixe (19/2 – 20/3)
Represéntase coa figura de dous golfiños, que unha vez salvaron a Afrodita e a Eros de Tifón. Por iso os peixe son volubles como a auga en canto ás cousas superficiais, pero de sentimentos profundos como o océano.

Xemelgos (21/5 – 21/6)
Castor -mortal- e Pólux -inmortal- eran fillos de Lada. Cando Castor morreu, Pólux quería seguir a mesma sorte. Zeus colocounos no Zodíaco para que permanecesen xuntos para sempre. Os xemelgos tenden á inmortalidade, por iso non líes gusta a rutina e desprezan a vulgaridade.

Entrevista a Xesús Constela


Xesús Constela Doce (Ferrol, 1963) é un escritor galego. Estudou Filoloxía inglesa na Universidade de Salamanca, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de San Xoán de Poio, actualmente é profesor de lingua inglesa no ensino secundario público. É colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol.
Foi gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na cidade de A Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardonada no ano 2005 co Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios na modalidade de Narrativa en Galego.
No ano 2007 publicou na Editorial Galaxia a novela Libro das alquimias. Concibida coma un agasallo para os seus fillos, a quen está dedicada. En 2008 resultou gañador do XX Premio de Novela Manuel García Barros do Concello da Estrada coa obra Shakespeare destilado, publicada pola Editorial Galaxia en 2008, unha metáfora irónica en clave humorística sobre o mundo da literatura. Trátase dun extenso monólogo escrito nunha linguaxe directa e coloquial que pon en dúbida a ficción tradicional como convención xogando coa tradición literaria de William Shakespeare.


De que trata o teu primeiro libro As humanas proporcións?
O libro, son unha serie de relatos acerca do que pasa na vida cotiá. O máis importante do libro, e no que máis se fixaron os críticos, é na maneira que mesturo a realidade coa ficción chegando a tal punto que relatos totalmente inventados poden chegar a parecer reais.

Escribiches algún libro máis?
Si, escribín outros dous, Libro das alquimias e Shakespeare destilado. O primeiro trata da historia dun neno ao que lle da a vida un vuelco de repente ó coñecer un vello que chegou novo á zona onde el vivía e estaba a construír unha biblioteca clandestina, a partir de aquí o neno trasladase na imaxinación a lugares como a biblioteca de Alexandría.

Cal e o argumento de teu terceiro libro Shakespeare destilado?
É unha historia totalmente diferente as outras , trata de dun borracho que conta a historia de outro borracho cun toque de humor, esta obra, gañou o premio García Barros 2008.

De onde sacas a inspiración?
Da vida cotiá, os periódicos, a tv etc. E despois, doulle a volta, para que o que conto, se pareza o máximo posible a realidade. Por exemplo, no ultimo libro, dúas das historias son inventadas e outras dúas son reais, pero sen embargo, o que máis me chamou a atención foi que toda a xente que leu o libro confundiu as historias e pensou que as que me inventei, eran as de verdade e as de verdade foron as que me inventei, foi algo que me pareceu bastante impactante.

Pensas seguir escribindo?
Agora, estou a traballar en dúas obras novas, ademais, de vez en cando traballo nun xornal chamado O diario de Ferrol onde escribo artigos literarios.


Adrián Fernández Freire y Félix José Sánchez De Las Heras

16/6/09

Unha neta ensinando a súa avoa

Nunca esquecerei aquel día no que a miña nai e a miña avoa dixéronme que lle ensinara a ler e escribir a miña avoa.

Ela con 72 anos aínda non perdeu a ilusión de aprender. Senteime con ela nunha mesa, collín un papel, un libro de lectura da miña irmán pequena e puxémonos a intentalo.

Primeiro comecei tratando de ensinarlle a ler. Sinaláballe cada palabra que eu dicía, e ela repetíao... pero non foi capaz de aprender a ler. Deille ánimos e volvémolo intentar. Ela seguía sen ser capaz: as bágoas chegaban aos seus ollos. Deille ánimos unha e outra vez e volviámolo intentar e nada, ela rendeuse coa lectura. Eu non podía facer nada máis, así que collín o papel e un bolígrafo. Pedinlle que collera o bolígrafo coa súa manciña. A continuación eu collinlle da man e comezamos a escribir. O seu nome e Lola e eu funlle dicindo:

- A ver o “L” é un paliño de pé e outro deitado abaixo pegadiño. O “O” é un círculo. O “L” podes facer só un paliño ou igual ca outra. E o “A” pódelo facer xuntando dous paliños de pé dende arriba e ao baixar vanse separando e poslle un paliño deitado ao medio.

Ata aí todo ía moi ben pero despois díxenlle que o intentara facer ela soa e non foi capaz. Volvemos repetilo unha e outra vez pero nada.

Ela rendeuse de todo pero o que a min me gustou foi que con 72 anos acudira a súa neta (a min) e me pedira que lle ensinara...

Irati Roncero Pazos 2ºC

15/6/09

Atenea

ATENEA de Tamara Andrés Padín 1º BH. Humanidades

Etimoloxía :
… Relacionado co nome da cidade de Atenas
… Aparece nas taboíñas micénicas como a-ta-na po-ti-ni-ja “Atenea a soberana”

Nacemento:

… Nace da cabeza de Zeus, que previamente comera a súa nai, a deusa Metis. Uns contan que Hefesto abriu a cabeza de Zeus coa súa machada minoica de dobre folla, o labrys, e que Atenea saltou da cabeza completamente adulta e chamou ao ceo co seu claro berro de guerra. Outros contan que Prometeo, Hermes ou Palemón axudaron a Zeus no nacemento de Atenea e mencionan ao río Tritón como o lugar onde tivo lugar o suceso. Outras tradicións contan mesmo que Atenea saíu da cabeza de Zeus completamente armada.
… Atenea naceu co seu escudo, ao que posteriormente incluiría a cabeza de Medusa e o seu casco aqueo, de aí a súa designación guerreira, pero ao contrario do deus Ares, ela non goza coa crueldade. Foi fundamental na batalla que enfrontou as divindades contra os Xigantes, xa que foi ela quen matou a Paladio, de aí a súa designación como Palas Atenea.

Atributos:

… Deusa protectora da cidade, en especial de Atenas. Simboloxía do Paladio en Troia
… Deusa das artes e dos oficios (Atenea “Ergane”). Convírtese, logo, tamén, na deusa da sabedoría.
… Deusa das mulleres (Atenea “Parthenos”, é dicir, virxe, xa que según a lenda, non fora tocada por ningún deus ou home)

Aspecto:

… Xove e maxestuosa, de aspecto fermoso e severo, corpo forte.
… Ás veces vai totalmente armada e usa unha lanza larga e un escudo, sobre o cal aparece a cabeza da gorgona Medusa.
… Noutras ocasións, aparece vestida cunha túnica e cos atributos relacionados coas artes e oficios e co manual.
… A árbore consagrada a ela é o olivo (polo episodio con Posidón)

Atenea e as guerras:

… Case sempre aparece nas batallas máis importantes, como pode ser apoiando aos gregos na guerra de Troia, ou protexendo e administrando armas a Heracles durante as doce probas impostas por Euristeo. Outra das súas designacións é Atenea Nike ou, o que é o mesmo, Atenea vencedora. Case sempre se lle representaba, nestes casos, portando unha figura da deusa Niké sobre a súa man.

… Atenea na Guerra de Troia: No xuízo de Paris, tras ser lanzada a mazá da discordia, Zeus negouse a nomear á máis bela e entón, Hera, Afrodita e Atenea acudiron en busca de Paris. Todas tentaron subornalo: Hera ofreceulle ser un poderoso gobernante; Atenea, que alcanzaría unha gran fama militar, e Afrodita, que obtería á muller máis fermosa do mundo. Paris seleccionou a Afrodita e, como recompensa, elixiu a Helena de Troia. Hera e Atenea, furiosas con Paris, aliáronse cos gregos para a caída de Troia. Despois da caída desta, con todo, os gregos faltaron ao respecto debido ao carácter sacro dun altar dedicado a Atenea no que a profetisa troiana Casandra atopou refuxio, e como castigo, unhas tormentas enviadas polo deus do mar, Poseidón, requiridas por Atenea, destruíron a maior parte das naves gregas que volvían de Troia.

Divindades relacionadas:

ZEUS ( xa que é o seu pai)
… Os pais de Zeus son Crono e Rea, e é o máis grande das divindades do panteón helénico. Soberano de homes e deuses, raíña nas alturas luminosas do ceo, o Olimpo.
É representado cun raio, un cetro e unha aguia, ou nalgunha das metamorfoses nas que se transformou.

Semideuses relacionados:

… Medusa era unha das tres Gorgonas, e a máis bela delas. As súas irmás, Euriale e Esteno, aínda que eran inmortais, non eran grandes belezas. Vivía nun lugar onde non se coñecía a luz do sol, e pediulle a Atenea que a deixase saír de aí, pero a deusa negouse. Medusa retouna, dicindo que se negaba porque se os mortais a vían, considerarían a súa beleza por enriba da da deusa. Tanta presunción fixo enoxar a Atenea, e castigouna converténdoa nun monstro con serpes en lugar de cabelos e decretou que quen vise a súa bela face quedaría convertido en pedra. As Graias eran as únicas que sabían en que lugar estaba Medusa. Ansiosas de recuperar o seu prezado ollo, déronlle a información a Perseo.Con axuda de Atenea, Perseo chegou á terra dos Hiperbóreos, onde atopou ás Gorgonas durmidas entre persoas e bestas que foran convertidas en pedra. Atenea ensináralle como distinguir a Medusa das súas irmás, así que seguindo o consello da deusa, non a mirou directamente, senón reflectida no escudo. Levantou a espada e cortoulle a cabeza. Tomouna cunha man, gardouna na súa alforxa, botouna ás costas e afastouse antes de que espertasen as outras Gorgonas. No camiño, Perseo atopou ó titán Atlas, condenado a cargar o peso dos ceos nos seus ombreiros. Ao velo, o titán lembrou que este heroe era o destinado a acabar con Medusa, e pediulle axuda para acabar co seu insoportable sufrimento, permitíndolle ver a cabeza do monstro. Perseo apiadouse e mostroulle a cabeza de Medusa. Ao instante, Atlas quedou convertido na montaña que leva o seu nome.
O sangue de Medusa que caeu na terra por África creou unha raza de réptiles velenosos, e da que caeu no mar naceron o famoso cabalo alado Pegaso e Crisaor, como fillos de Poseidón.

Atenea e Poseidón
… Segundo o mito, Poseidón e ela pelexáronse pola protección da cidade de Atenas e do Ática, a rexión circundante, e os atenienses propuxeron aos dous Olímpicos o seguinte reto: Cada un debía inventar un agasallo práctico para Atenas, e o mellor sería recompensado co título de protector da cidade. Poseidón golpeou a Acrópole co seu tridente e do punto no que golpeara brotou unha fonte de auga salgada (segundo outra versión, o primeiro cabalo). Despois, Atenea tocou a Acrópole coa súa lanza e produciu a oliveira, fonte do aceite para iluminar, cociñar e perfumarse. Encantados co invento de Atenea, os atenienses (ou noutras versións, o seu primeiro rei, Cécrope), elixírona como protectora.

A procesión das Panateneas:

… Entre as múltiples cerimonias en honra de Atenea, as máis famosas foron as Panateneas atenienses, no transcurso das cales os habitantes desta cidade ofrecían unha túnica sacra (peplos) á súa estatua do Partenón, que foi realizada por Fidias, da cal vemos unha copia conservada no Museo Nacional de Atenas.

Atenea na literatura:

« Y a ti, Roma, a quien queda el nombre apenas,
Oh patria de los dioses y los reyes:
Y a ti, a quien no valieron justas leyes,
Fábrica de Minerva, sabia Atenas. »
Rodrigo Caro

« Que extingue, sino inflama
En licor claro la materia crasa
Consumiendo; que el árbol de Minerva
De su fruto, de prensas agravado,
Congojoso sudó y rindió forzado. »
Sor Juana Inés de la Cruz

« Y, con dar menos de lo más que encubren,
A este menos lo que es más se inclina
Del bien que Apolo y que Minerva hacen. »
Miguel de Cervantes

« El máscaron de la Minerva
Y el graznar
De las ruinas en su corintio
Deletrear,
Burlan la sal quemando las entrañas del mar »
Jose Lezama Lima

Relato do rei Martiño

Había unha vez un rei chamado Martiño, que cando aínda era un raparigo morréronlle os seus pais, facéndose así o herdeiro de todo (o dos seus pais, claro). Cando cumpriu 9 anos tivo que exercer xa como rei. Ninguén se ocupou da educación do meniño.
Un día, Martiño estaba cabalgando cerca do bosque, ata que se adentrou nel e perdeuse. Despois de tanto cabalgar, encontrou dous carteis, pero como non sabía ler, non sabía que camiño coller. Estivo dubidando ata que un rapaz, que era campesiño, pasou por alí. Martiño preguntoulle se lle podía axudar. O campesiño, que se chamaba Pedro, díxolle que en que lle podía axudar un campesiño a un rei. Martiño preguntoulle se sabía ler. Pedro contoulle que o seu pai ensinaralle a ler antes de morrer. Martiño explicoulle que el non sabía, que ninguén lle ensinara e que se podía lerlle uns carteis. Pedro díxolle o que poñía nos carteis. E Martiño deulle as grazas e preguntoulle se lle podía ensinar a ler. O campesiño díxolle que si. E así, cada día, Martiño escapaba do seu castelo, para ir xogar con Pedro e aprender cousas novas.
Giovanna Alvariñas Augusto 2º ESO C

Recomendacións da bibiblioteca para o verán 2009





O Libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. Docampo:
Todas as viaxes son un regreso, hai que volver para contar: Viaxeiro,, antes de partir, volve hacia o mar e agarda que del cheguen as brancas aves que verquen no camiño frescor de agua... ata que na porta da casa o can recoñeza a túa presenza como fixo aquel Odiseo que amosou o camiño de cantos viaxeiros son.


Escúchame el corazón de Blanca Pitzorno:
Prisca tiene nueve años y la asusta nadar con la cabeza por debajo del agua porque teme que su cerebro se llene de agua.
Dinosauria Puntoni se llama su torguga, matriculada como un automóvil. Elisa Maffei es su mejor amiga y ambas tienen una preocupación común:
¿cómo será la señorita Sforza, la nueva maestra? Pues bien, la señorita Sforza se revelará como una persona algo extraña...
A ellas se suma Rosalba, que hará los dibujos para las redacciones de Prisca. Las tres vivirán un año escolar lleno de sorpresas y cambios personales.


RosariotoVampire de Akihisa Ikeda:
Por unha casualidade Tsukune Aono chega oa instituto de YoKai, donde estidan toda clase de entidades sobrenaturais e atopa á bela, doce e sensual Moka… UNHA FRÍA E ARROGANTE
VAMPIRA!!!!!!!!!



Alas de fuego, Alas negras de Laura Gallego:

Ahriel recobrou a sá liberdade e obtivo a súa vinganza. Tras ir a render contas aos seus semellantes na Cidade das Nubes, disponese a recuperar aquilo que deixou atrás ao escapar …

Deathnote de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata:
Aquel cuxo nome quede inscrito neste caderno morrerá…Ryuk o shinigami –deus da morte – deixa caer o seu “caderno de morte” no mundo humano, o que dá inicio a un titánico confrontamento entre os dous elegidos… Un manga de suspense e intriga.


A praia dos afogados de Domingo Villar:

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.

Os programas de limpeza nos montes

Os veciños de Vilar, en Poio, levan máis de trinta anos reuníndose, aproximadamente cada catro meses, para limpar o manancial, que o utilizan para regar as terras desta zona, e a auga da traída, que lles dá auga potable.
Cando hai a limpeza do manancial só se reúnen os veciños que utilizan esta auga para regar as terras de por aquí, e cando hai a limpeza da auga da traída só se reúnen aqueles que reciben esta auga nas súas casas. Nestas limpezas da auga do manancial veñen veciños de outros lugares de Poio, como Paco Sartal, de San Martiño.
Nestas reunións, que se soen celebrar os sábados para que se reúnan máis veciños con menos problemas, cada un aporta algo: uns levan machadas, outros levan sachos, outros fouciños (para limpar o monte que hai arredor do manancial e da traída), outros un "chimpín", outros bebidas, e a miña casa, que é a que está máis cerca do manancial, aporta a neveira.
Os veciños que forman parte destas reunións son: Juan Fco. Sertal e a súa muller Mª Montserrat Viñas, Gina e o seu irmán Manolo Sartal, Domingo González e a súa muller Manoli Rodríguez, Obdulia Villar, María da Silva, Aurita e o seu marido Canducho, o seu fillo Juán luís, Dolores(Lola) Sertal e o seu marido Paulino Portela, Juan "O Campechano" e a súa muller Victoria(Viki) Sartal, José Sertal e a súa muller Dolores(Loli) Garrido, Pilar(Pili) Duarte e o seu esposo Fernando Losada, Sonia e o seu esposo Ernesto, etc.

Lidia Sertal Viñas 4ºC

11/6/09

Viaxe a Londres

Saímos o trinta de marzo nun avión desde O Porto con moito cansancio por culpa do madrugón e chegamos a Londres cedo pola mañá. Despois de instalarnos no Royal National Hotel, en pleno centro londinense, fumos a dar un paseo pola cidade dispostos a tomar o primeiro contacto. A verdade é que ó principio sorprendémonos un pouco, moitos neones, moita mistaxe cultural...foi entón cando asumimos que estabamos nada máis e nada menos que en Londres. Visitamos as míticas Piccadilly Circus e Trafalgar Square e despois visitamos o barrio do Soho, onde ceamos.O segundo día madrugamos para ver o cambio de garda do Buckingham Palace, que estaba repleto de xente. Logo de tomar sofisticadamente o té coa raíña, paseamos polo parque St. James ( que preciosidade!). Fixemos moitísimas fotos co Big Ben, co Parlamento británico e coa London Eye. Comemos e no metro fumos ata Oxford Street, a gran rúa de compras londinense, onde estivemos un bo tempo visitando tendas, unha das que máis chamou a atención foi a gran xoguetería Hamleys. Sobre as oito dividímonos en dous grupos, uns foron a ver o musical de Grease e outros fumos ó We will rock you, inspirado en Queen ( os dous foron espectaculares, fixéronos bailar, rir e ata nos emocionaron ). Cando saímos, dirixímonos agotados ó hotel, fora un día largo, e esperábanos outro parecido. Tras despertar e almorzar, chegamos ó Camden Town, una rúa moi distinta, con tendas de diferentes estilos, que nos chamou moito a atención. Comemos alí e, máis tarde, fixemos un paseo en barco polo río Támesis, nun día de sol precioso. Logo coñecemos Knightsbridge, onde algúns puidemos visitar ós almacéns de luxo Harrods. E para rematar o día, visitamos o museo de historia natural. O último día, visitamos o maravilloso British Museum e logo paseamos por última vez por rúas londinenses, tornamos ó hotel para recoller as maletas e subimos nun bus camiño ó aeroporto para coller o avión que nos traería de
volta a casa.

A guerra de Gaza: prensa, conflito e hipocrisía

O 31 de Xaneiro celebrouse o día da paz en España, por aqueles tempos, tiña lugar una terrible abominación suavizada xornalisticamente baixo: ”Guerra de Gaza”, ”Ataque Israelí”, ”Invasión da franxa de Gaza”, ”Ataque antiterrorista”… Mentres tanto nos países ricos engrosan as listas do paro e a xente non se preocupa nada máis que por si mesma. A prensa publica a diario artigos dun xenocidio, dunha exterminación. Cada minuto que pasa, están a morrer nenos ás saídas das escolas, felices familias falecen afogadas baixo os escombros da miseria, ríos de sangue corren polas rúas dun microestado asolado pola fame, a miseria e a morte. Cada minuto que pasa, mulleres están a chorar nas esquinas a morte de seus homes, nenos traumatízanse pola perda de seus pais e, á vez, hai miles de inocentes e de persoas alleas a un conflito case tan político como irracional. Están a morrer a diario baixo proxectís de odio incomprensible por parte dos xudeus. O máis irónico desta situación é que aqueles que no seu día foron perseguidos, masacrados, maltratados, violados, manipulados, infravalorados, aqueles que tiveron que avergoñarse de ser quen eran, os mesmos que un día morreron baixo capas de crueldade, devolveron a súa desgraza a inocentes palestinos, nenos e felices familias. Mentres tanto pasan os días, as semanas... dos xornais desaparece Gaza; pero por moito que nos xornais non se escriba sobre Gaza, a xente non deixa de morrer, de chorar e de sufrir.A cada minuto que pasa, canta máis xente morre, máis hipócritas somos.

28/5/09

Receita

A receita de cociña elaborada por os alumnos de 1º BC A

Ensalada mixta de espinaces (4 persoas)
Dificultade - Moi fácil

Ingredientes:
3 tomates grandes
2 cebolas
espinaces frescos
1 bote de millo
2 latas de bonito
3 ovos cocidos
1 bote de olivas
Sal, aceite e vinagre para aliñar ó gusto do consumidor

Preparación
1-Lávanse os vexetais engadindo ó auga un chorro de vinagre e trocéanse.
2-Mézclanse e alíñanse os ingredientes
3-Sérvese na mesa e lista para degustar.

Por:
-Santiago Antón Area
-Marcos Villaverde Graña
-Lorenzo Martínez Albariñas
-Jorge Uhía Maquieira
-Ivan Fraga Fernández

27/5/09

Chegaron os títeres


Para algúns é considerado un xénero menor ou simplemente un entretemento para os máis cativos, que entenden coma ninguén o milagre que se presenta perante os seus ollos. Nós quixemos poñer o noso gran de area e tamén darlle vida aos bonecos coas nosas propias mans e as nosas voces. Así que puxémonos mans á obra...
Escollemos dúas obras breves, xa clásicas dentro do teatro de marionetas, escritas por Umberto Eco e Javier Villafañe.

O escritor italiano ideou esta farsa eco-pacifista, titulada A bomba e o Xeneral, para denunciar a existencia de guerras inútiles e a ansia de gañar diñeiro a custa de todo, incluso de vidas humanas. Quen inicia a rebelión será un grupo de átomos que fuxen dunha bomba atómica e aos que lle dan vida: Rocío Torres (2º A), Tania Villaverde e Sandra Quintela (2º B). Os malos malísimos eran Marco Antonio Otero e Juan Carlos Míguez (2ºB) nos papeis de Xeneral e Señorón.

Javier Villafañe é un titiriteiro de renome que percorreu o sur de América latina contando historias universais de aldea en aldea a mediados do S.XX . Ás veces estas representacións eran o único entretemento que chegaba a estes lugares de cando en cando. Xan Panadeiro é a obra deste arxentino que puxemos en escea e que conta a historia dun diaño que quere quedar con todo o pan do mundo pero que non conta coa astucia de Xan, disposto a impedirllo. Brais Rodíguez (demo) e Jennifer Otero(xan panadeiro), os dous de 2º B; foron os actores desta peza clásica, chea de guiños ao público, desaparicións e humor.

Por suposto faltaban moitísimas cousas por facer ademais dos ensaios, que non foron poucos...pero contabamos con algunha axuda.
Pablo Viqueira construíu o teatro, digno de calquera grupo profesional; Susana Ferradás deseñou o atrezzo, (da Casa Rosada) fixeron as marionetas, coseron as teas e estiveron sempre dispostas a axudarnos. Por último, Xosé e Chus axudáronnos cos ensaios e déronnos algún consello e un pouco de “caña”.
E... VOILÁ!
O día 18 de Maio fixemos a estrea diante dos nosos compañeiros e a cousa non saíu mal de todo.


Xa o dicía o mesmo Lorca: “botar abaixo as paredes do teatro e que a xente disfrute do espectáculo de rúa”.......Nós fixémoslle caso.

19/5/09

Un aspecto do colonialismo

"Varios alumnos de Humanidades e Ciencias Sociais de 1º curso de bacharelato fixeron un estudo sobre "Un aspecto do colonialismo", concretamente a venda de escravos negros en América e Europa, así como unha semblanza de Joseph Nduaye, falecido recentemente e que dedicou a maior parte da súa vida a manter a memoria da trata negreira que se levou a cabo por parte das burguesías europeas e americanas durante varios séculos. A Casa deo Escravos de Goree, fronte a Senegal, foi un dos lugares donde se mantiña aos negros antes de ser vendidos para traballar nas plantacións de América. A valoración que fixeron moitos dos alumnos que traballaron neste estudo é excelente, con frases da súa autoría que reflicten o alto sentido moral que defenden, pero como mostra do que todos son merecedores, escollimos o texto dunha das alumnas participantes, Tamara Andrés: "A trata de escravos, remontada a civilizacións antigas, é totalmente inhumana, pois consiste na abolición de todas as liberdades dun individuo, que supón ser, hoxe en día, un dos dereitos fundamentais do home. Ós comezos do século XVII deuse o seu apoxeo, co interese do enriquecemento dos traficantes, que chegaron a afirmar que os negros non tiñan alma, pois se a tiñan, a Igrexa consideraría ilegal esta actividade. Tamén explotaban ó escravo ata morrer, pois resultaba máis barato comprar outro que mellorar as súas condicións de vida: onde están aquí o dereito a vivir, a expresarse libremente, a ser feliz?"

15/5/09

Viaxe didáctica de historia da arte a Madrid


Tras saír ás sete menos cuarto do aeroporto de Vigo o pasado día 27 de marzo, chegamos a Madrid, aproximadamente, ás sete e media, deixamos as maletas no hotel Mediodía, almorzamos e fumos ver a estación de Atocha, exemplo de arquitectura industrial do século XIX. Hoxe está convertida nun xardín con prantas exóticas e animais. Logo visitamos o monumento na honra dos mortos no atentado do 11M.Despois de xantar visitamos o Palacio Real, exemplo de arquitectura versallesca do século XVIIV, comprendendo a idea que os reis da época tiñan de sí menos, así como o aprendido en clase sobre a monarquía absoluta. Salas, frescos pintados por Tiépolo con alegorías e temas mitolóxicos, xarróns, tapices, coleción de moedas, axuares das familias reais... asombránronnos. Ó terminar a visita tivemos tempo libre ata a noite: un saíron e otros preferiron descansar.O sábado visitamos, pola mañá, o Senado, unha das cámaras lexislativas donde se fan as leis en España, así como o principal foro donde se discuten e acordan os temas relacionados coas comunidades autónomas. Tamén pudimos ver os cadros de historia que se gardan en dito edificio, así como a biblioteca de estilo neogótico. Despois de xantar visitamos o "Madrid dos Austrias", rematando na praza Maior e na antiga cárcer de Corte (hoxe sede do Ministerio de Asuntos Exteriores). O domingo pola mañá visitamos o Museo do Prado, donde recibimos explicacións sobre a pintura de El Greco, Velázquez e Goya. O que máis nos chamou a atención foi o cado das "Meninas", exemplo de pintura de corte cando xa Velázquez estaba ao final da súa vida. Logo paseamos polo Rastro ata a hora de xantar. Pola tarde fumos pasear polo Retiro e alugamos barcas para navegar polo estanque. Algúns foron visitar o Palacio de Cristal e outros foron ver a Porta de Alcalá, obra de Sabatini no século XVIII. Logo tivemos tempo libre ata a noite.O último día, luns, logo de lembrar que os nosos compañeiros empezaban unha xornada de estudo no Instituto, visitamos o Centro de Arte Reina Sofía, donde recibimos unha explicación sobre o "Guernika"de Picasso, o seu contexto histórico e simbolismo. Logo vimos, no mesmo centro, un documental rodado durante os días da guerra civil española, chamándonos a atención a destrución, o sufrimento e a crueldade da guerra. Pola tarde fumos ao aeroporto e, con retraso, chegamos as nosas casas en torno ás 12 da noite... todo listo para incorporarnos ao Instituto o día 31, martes. SILVIA ARGIBAY ALVARIÑAS (2º de bacharelato de Ciencias Naturais.


14/5/09

Persoeiro das letras galegas 2009



VIDA e SIGNIFICADOS
Participa da fundación da Mocidade Galeguista de Lugo (1936).
Secretario do Comité provincial para o plesbicito do Estatuto de Autonomía (1936).
1º anos da posguerra: Reorganización do galeguismo na clandestinidade.
1950, participa na fundación da Editorial Galaxia (director literario).
1963, director da Revista GRIAL
1967, membro da Real Academia Galega.
Participa nas negociacións para a elaboración do Estatuto de Autonomía para Galicia (finais dos 70).
Deputado no 1º Parlamento Galego.
1983, Presidente do Consello da Cultura Galega. irector da revista GRIAL.
1967, membro da Real Academia Galega.
Participa nas negociacións para a elaboración do Estatuto de Autonomía para Galicia (finais dos 70).
Deputado no 1º Parlamento Galego.
1983, Presidente do Consello da Cultura Galega.
LETRAS GALEGAS 2009
Descrición de Ramón Piñeiro:
“ Chegamos a Xelmírez e abriunos a porta un home alto e cegato, de fronte ampla, co pelo peiteado para atrás, vestido cunha chaqueta de punto. Desde o primeiro momento pareceume extraordinariamente amable… Expresábase cunha claridade incisiva, co manexo natural, en ton case familiar.”
(Carlos Casares, Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia)
Ramón Piñeiro adica a súa vida á construcción da conciencia de nós, á construcción de Galicia, da súa cultura e da súa identidade política:
*Contribúe á reconstrucción das institucións do galeguismo e da nación en tempos difíciles (restauración da Real Academia galega, creación de fundacións.).
*A súa relación cos exiliados.
*A incorpoación do galego na Universidade.
*Formación das xeracións máis novas.
Os sinais de identidade:
“A identificación co propio pobo, coa comunidade social á que pertence, é un deber moral de todos os seres humanos. Todos os homes de ben senten amor ao seu país. Todos os seres humanos ben nados son leais ao seu pobo, identifícanse coa comunidade social á que pertencen”
Olladas no futuro, 1974
O GALEGUISMO
“A realización en Galicia dese sentimento de amor á terra e dese deber de identificación co pobo chámase:
GALEGUISMO.”
OBRA: ENSAIO
Olladas no futuro (1974): A realidade socio-económica e cultural de Galicia.
A linguaxe e as linguas. Discurso de entrada na RAEG: o valor da lingua como raíz da personalidade diferencial dun pobo.
Filosofía da saudade. O significado metafísico da saudade como sentimento constitutivo da singularidade.
A lingua:
O idioma galego forma parte da familia románica.
É a máis xenuina expresión do pobo galego que o creou.
É o que distingue ao pobo galego como unidade peculiar entre os demais pobos de Europa.
É o vencello interno que nos mantén unidos entre nós.
LETRAS GALEGAS
Maio 2009
RAMÓN PIÑEIRO

Aspectos formativos do baile


Este é un artigo escrito para www.baileymusica.com dende a perspectiva das escolas de bailes de salón e o mundo da competición, aínda que a escola ordinaria tamén está amplamente reflectida.
Cultivar a sensibilidade dos nenos con materias como a música, a pintura ou o baile dende pequenos non garante, pero indubidablemente favorece un clima menos tenso nas aulas, e invitan máis á reflexión, o diálogo e a tolerancia que á agresividade e o rexeitamento.
Pero a pesar de estar en pleno século XXI aínda atopámonos con estúpidos prexuízos. Fun testemuña de como todo un colexio, mesmo moitos profesores, rexeitan rapaces, explícita ou implicitamente por practicar ballet ou bailes de salón. Pero estas actitudes non proveñen dos propios nenos, senón dos seus pais e familiares, que de forma directa ou indirecta están a crear unhas actitudes nos seus fillos de rexeitamento e prexuízo reclamando certa agresividade, según moitos deles, necesaria nun mundo competitivo.
Invitaría a moitos destes pais a ver competicións de baile, onde moitos rapaces, non todos, teñen sensibilidade para o baile, non son agresivos, e iso non é óbice para que sexan extremadamente competitivos.
Outra cousa é a formación nas escolas de baile e as actitudes de moitos pais que levan aos seus fillos ás devanditas escolas.
Non é estraño atopar pais que queren que os seus fillos de 2 ou 3 anos aprendan a bailar cando case non saben andar nin teñen aínda asimilados conceptos motores básicos necesarios para o baile.
Antes dos 7 anos deben traballarse aspectos psicomotrices, con música se se quere, pero dende un punto de vista lúdico e cunha programación precisa, pero non podemos pedir que o noso neno baile con certa técnica con 5 anos, senón que antes debemos traballar os conceptos psicomotrices que nos permitirán chegar con maior facilidade á aprendizaxe da técnica de cada baile. Cando non o facemos así, vemos nenos, por exemplo, que levan asistindo a clases de baile dende os 3 anos e cando teñen 7 anos bailan cunha graza tremenda pero cun avance case nulo en 4 anos. Unha perda de tempo e de diñeiro para os pais e para os nenos.
É indubidable que a escola nos ofrece unhas amplas posibilidades formativas. No currículo escolar figuran materias de indubidable valor intrínseco para a formación humana e profesional dos nenos. Algunhas destas materias son a Educación Artística e a Música, contempladas xa dende a educación primaria. Doutra parte temos a Educación Física, tradicionalmente denominada "Ximnasia". Nestas áreas, as actividades son propicias á valoración comparativa de acordo con normas adoptadas pola sociedade. Estas normas poden afectar producindo fracaso, inseguridade, bloqueo, naqueles nenos onde a capacidade expresiva, artística ou física sexa diferente. É importante pois valorar positivamente os avances de todos os nenos, en función das súas capacidades e sensibilidades, potenciando o aspecto creativo e restrinxindo o competitivo.
En Música inténtase ensinar aos nenos os rudimentos básicos de tan nobre arte, incluíndo a aprendizaxe do uso dalgún instrumento e algunhas nocións básicas acerca de ritmo, solfeo e teoría e historia musical.
En Educación Física suponse que o neno debe aprender a desenvolverse de forma progresiva co mellor instrumento do que dispón todo ser humano: o seu propio corpo. Conceptos como orientación espacial, coordinación motora, equilibrio, esquema corporal, lateralidade, etc, deberían ser programados e estruturados de forma conveniente. Debemos pensar que o neno, aos 6-7 anos é cando xa ten uns movementos coordinados, adquire as nocións espaciais, controla a carreira, o salto e o lanzamento, distingue as nocións dereita-esquerda nel mesmo e progresa en axilidade, velocidade e equilibrio. Ademais, a esa idade existe xa unha preferencia lateral en man, perna e ollo, aínda que a noción de tempo depende aínda da velocidade.
É importante tamén ao efecto do que nos ocupa que ata os 8-9 anos o neno non adquire plenamente a conciencia dos eixes corporais.
Na maioría dos nenos o equilibrio madura en torno aos 12 anos. Hai que ter tamén en conta que aproximadamente entre os 8-10 anos o desenvolvemento cardiovascular se atopa en plena evolución, co cal haberemos de ter coidado con bailes e coreografías de grande intensidade que poden provocar taquicardias.
Dito isto, o baile pode axudar a adquirir e/ou potenciar algún destes conceptos, pero é evidente que o neno non se atopa aínda facultado para aprehender técnicas e aspectos importantes inherentes ao baile ata os 7-9 anos, sendo mesmo ata os 9-10 anos cando comezan a separar a actividade lúdica fronte á actitude do traballo.
O baile poderiamos dicir que é un compendio práctico de ambas as dúas materias: Música e Educación Física.
Logo temos outro aspecto moi importante: a formación de actitudes e valores nas escolas de baile, por desgracia, case nula.
Se dos profesores parte só o desexo de que os nenos gañen e inculcan nestes unha competitividade extrema e agresiva, chegando a establecerse rivalidades enfermizas entre escolas, estarémoslle a quitar ao baile gran parte das súas posibilidades educativas.
Débese fomentar o respecto ao compañeiro e ao outro sexo, desenvolvendo actitudes e valores positivos, facéndoos ver que o importante non é gañar, senón gozar coa música e o baile, tanto nos adestramentos coma nas competicións, facendo amigos mesmo entre os rivais máis próximos.
Claro que a todo isto non adoitan axudar moito os pais, que, en moitos casos, despois de pagar tanto diñeiro en clases, roupas, viaxes, etc (isto é tema doutro artigo) queren ter unha compensación ao efecto en forma de triunfos e subas de categoría, e con isto o único que conseguen é premer a profesores e estresar aos nenos redundando nunha formación negativa para os propios nenos.
O baile debería estar presente nas escolas dunha forma máis rotunda. Aínda que claro, posiblemente debamos esperar a que moitos adultos con prexuízos e posibles represións cambien de actitude ou dean paso a xeracións futuras que observen perplexas as enormes posibilidades educativas que ofrece o baile na escola ordinaria e que foron obviados durante tanto tempo.
Quizais deberiamos enarborar bandeiras e saír á rúa reclamando unha visión menos sexista da danza para que moitos dos nosos políticos e educadores deixasen de expresar ese sarcástico sorriso cando pronuncian a palabra BAILE.
Por Roberto Maquieira